English Español François Deutch Italiano Neederland

VII Caminhada de Montanha de ENTRIMO 2010 - já este Sábado

image CIRCUITO GALEGO LUSO

VII - CAMIÑADA DE

MONTAÑA DE ENTRIMO

  1. QUILÓMETROS

Sábado,17 avril 2010

A CAMIÑADA DE MONTAÑA DE ENTRIMO desenvolverase polas serras de Quégoas, Anamâo e Quinxo nos arredores da capital do concello de Entrimo, coma sempre, nos mediaos de avril onde ten acoubo dende a primeira Camiñada, O ano pasado choveu un pouco no primeiro tramo hastra cuasi que a metade, xa no dolmen da Moura, mais despois foi unha xornada de primaveira pra que os camiñantes a levaran ben. Este ano agardamos que o tempo nos favoreza As etapas non sofren mais que pequenas modificaciós polo que non se pode ir coa cabeza gacha se non desperto as siñais das fitas vermellas e brancas. Coma sempre, a Camiñada puntúa pra os federados e está inscrita no calendario da Federación Galega de Montaña.

R O T E I R O

I.- ETAPA.- Serra de Quégoas: 22 quilómetros

Saida as 9.00 h .da remodelada alameda de Entrimo para ire ao carón do San Rosendo do Pedreiriño–Cristo dos Lumeares - Fonte- Serra de Quégoas- Serra de Anamâo - Dolmen da Moura- Cortes da Carballeira-Cortes dos Carrís – Quégoas- Vilar- Pacín-control Entrimo.

Desnivel acumulado: 700m.

II.- ETAPA.-Serra do Quinxo: 20 quilómetros

Saie de Entrimo hastra Ferreiros- Guxinde-A Pereira- Fonte do Pousadoiro-Lombos do Quinxo-Regato de Olelas-Altos de Bouzadagro-Cabeza da Vella-ponte Medieval-Quintán-control Entrimo

Desnivel acumulado: 600 m.

III.- ETAPA.- Chairos de Galez: 8 quilómetros

Saie de Casal, San Pedro, Galez, Feira Vella, Asperela, Olín, traspasando o rio Pacín por duas pontes,hastra o remate na meta de Entrimo. Desnivel acumulado: 100 m.

CONTROIS E APROVISONAMENTOS

I.- etapa quilómetro 10 Dolmen da Moura

II.- etapa quilómetro 30 Pereira

III.- etapa quilómetro 46 Feira Vella

REGULAMENTO

Escribirse obligatoriamente para participar ( 10 euros non federados e 8 federados.)

Obrigatorio levar o número pendurado e visible nos controis

Pasar obligatoriamente polos controis de saida e chegada en Entrimo

Diploma acreditativo da Camiñada aos que fagan todalas etapas

A DISPOSICIÓN

Masaxes pra os montañeiros. Bañeiros no campo de fútbol

Aprovisonamentos. Xantar na Alameda. Sorteio de material

ESC R I C I Ó S

Concello de Entrimo TEL:988434666 E.mail: concelloentrimo@eidolocal.es

Tendas desportivas de Ourense: ZAGORA BOUSO INTERSPORT ARANA

PATROCINA

Concello de Entrimo Estilo Natural

ORGAIZA

circuito galego-luso E-mail: alexchivo2@yahoo.es

APOIAN:

VOLUNTARIOS - PARQUE BAIXA LIMIA SERRA DO XURES PROTECCION CIVIL - DEPUTACION PROVINCIAL

0 Comentários: